top of page

Ángeles Rodríguez del Río, do Atlética A Silva Ordes, subcampioa de Europa máster


En Pescara (Italia) do 21 de setembro ao 1 de outubro desputouse o campionato máster, onde acudiu a selección española con Ángeles Rodríguez del Río. A atleta do Atéltica A Silva Ordes acadou na final de 2000 metros obstaculos o segundo caixon proclamandose subcampioa europea máster. Quedou a tan só 16 segundos do ouro e dous minutos por diante da terceira clasificada. O logro é a mellor marca de todos os tempos nacional.


Icía Ares foi convocada coa selección galega e subiu o podio

O pasado 7 de outubro a marchadora do equipo Icía Ares, adestrada por Mayka Jueguen, foi convocada para representar na categoría sub 16 a selección española. Marchadora con moita experiencia malia a sua idade, demostrou unha vez máis o talento que ten nesta

modalidade atlética. Participou na proba de 3000 metros Marcha e logrou unha merecida

terceira posición aupando así a selección femenina Sub16 ata a 4 posición.



Comentários


bottom of page