top of page

Éxito da NOSA no lanzamento da sonda espacial suborbital desde a Cidade da Cultura


O proxecto Marumasat V, que promove a NOSA, a Axencia Espacial Escolar Galega, fixo este mediodía un novo lanzamento. Participaron os institutos Xelmírez II (Santiago), Miraflores (Oleiros), Marco do Camballón (Vila de Cruces)e o CPI O Cruce (Cerceda).

A cápsula que se lanzou ao espazo o pasado día 10 na praza central da Cidade da Cultura de Santiago incorpora por vez primeira unha cámara de 360 graos que gravou o despegamento. A caixa tamén transporta unha estrutura impresa en 3D deseñada para que un ovo de galiña resista a viaxe espacial e o impacto de aterraxe. E se regresa intacto á superficie poderá analizarse o que lle pasou e como lle afectou unha altura que se estima que podería chegar a 35 quilómetros. O reto é superar o récord de elevación que conseguiu a MarumaSat IV, que chegou aos 35.500 metros, para así rexistrar cantas máis magnitudes mellor para estudar o campo magnético da terra en altura.

ความคิดเห็น


bottom of page