A Campaña Volta ó Colexio do novo Centro Comercial Aberto da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Ordes vén de rematar. A gañadora do sorteo do computador portátil foi Alicia Couselo Silveira, quen saíu elixida entre a case 1.000 tarxetas que se entregraron cubertas para entrar no sorteo. Para participar, os clientes debían comprar en cinco establecementos diferentes.
Segundo David Viaño Noia, presidente de Aecor, “esta campaña foi un éxito total, non só en participación de máis de 100 comercios senón na resposta do público en xeral. E iso notouse na vendas. Durante todo o mes de setembro e grazas á campaña Volta ao Cole, realizáronse máis de 5000 vendas directas entre todos os establecementos participantes”. Houbo así unha alta porcentaxe de participación tanto entre os asociados como na asistencia de clientela en xeral.
コメント