top of page

Éxito do Club Xadrez Oroso nos Campionatos Galegos de Xadrez 2023



A pasada fin de semana tiveron lugar no Hotel Scala de Padrón os Campionatos Galegos de Xadrez 2023, onde participou o Club Xadrez Oroso con 3 xogadores: Zaira Campelo Mallo, Enma Campelo Mallo e Christian Noya Mellado. Os 3 fixeron "un campionato espectacular", aseguran dende o clube.

As irmás Campelo Mallo acadaron o bronce nas súas respectivas categorías. Zaira, terceira en Sub-10, categoría na que participaba por primeira vez e na que estivo ata a última partida loitando con todos os xogadores e xogadoras por quedar Campioa. A súa ambición e o seu talento son impresionantes, explican dende o club.


Pola súa banda, Enma, terceira en Sub-12, unha categoría na que xa hai que ter certo nivel para estar entre os mellores. "Pero ela amosa día a día a súa progresión e o seu talento nun deporte no que empezou por casualidade vendo xogar á irmá e no que levo pouco máis de ano e medio", salientan.

O outro representante do Club Xadrez Oroso, Christian Noya Mellado, tamén fixo un moi bo torneo quedando na metade alta da clasificación. O Club Xadrez Oroso séntese "moi orgulloso de ter a estes cracks na élite do Xadrez Galego e loitando contra equipos con moita máis historia e moito máis orzamento".



Comments


bottom of page