Éxito no tradicional desfile e concurso de disfraces de Oroso, con máis de 1.000 persoas polas rúas de Sigüeiro e o pavillón pasado 26 de febreiro, sábado de Entroido.
Na categoría infantil, a gañadora na modalidade individual foi ‘Dama Antigua Recicladora’, mentres que o finalista foi ‘O Bombeiro Ecolóxico’; nos grupos, gañaron ‘Gotitas de Fondo de Bikini’ e as finalistas foron ‘Musas das Flores’; mentres que nas comparsas gañaron ‘As Tanxugueiras de Lembranzas’.
Na categoría xeral, gañou ‘Godzilla polo Ulla’ en individual, mentres que o finalista foi ‘Puntada sen fío’; en grupo, foron finalistas ‘Xoán Travolta e Olivia’ e gañador ‘Toy Story’, mentres que nas comparsas gañaron ‘Oroso West’ e os finalistas foron ‘Mario y Luigi a la carrera’. O premio especial do xurado foi para ‘Mamá’.
As comparsas participantes saíron ás 17:30 horas do pavillón de deportes e fixeron un percorrido polas rúas de Sigüeiro. O concello repartiu máis de 3.000 euros en premios.
Ademais, procedeuse tamén á entrega de premios dos concursos de máscaras.
O luns 28 de febreiro, celebráronse unhas xornadas reposteiras para nenos e, ás pola tarde, na carpa instalada no exterior de centro deportivo, houbo festa de disfraces con photocall.
Comments