top of page

Éxito do Tordoia Viva



Malia a excesiva calor, o "Tordoia Viva" do pasado sábado 9 de xullo foi todo un éxito de asistencia, sinalan dende o Concello. Ademais das actuacións e actividades infantís que houbo neste evento familiar na contorna da piscina, fíxose un emotivo recoñecemento ao Equipo Feminino da SD. Tordoia pola traxectoria e éxitos acadados.



Tamén aproveitaron a ocasión para homenaxear a membros do Tordoia de Xenebra, á directiva da SD. Tordoia e por último a Manuel Juncal, dándolle o seu nome ao Campo de Fútbol de Gorgullos.




Comentários


bottom of page