O Club Xadrez informou dun novo éxito das súas promesas.Tres xogadores do club tomaron parte o pasado domingo 19 no Torneo de Nadal de Lugo, desputado na contorna da Praza de Abastos da cidade.
Christian Noya Mellado acadou o Subcampionato masculino Sub-8 empatado a puntos co campión.Zaira Campelo Mallo acadou o Subcampionato feminino Sub-8. Pola súa banda, a gran triunfadora foi Enma Campelo Mallo que no seu primeiro ano como xadrecista voltou a arrasar nun torneo de xadrez. Nesta ocasión acadou o Campionato absoluto Sub-10 deixando a todos os riváis a más dun punto de diferencia na clasificación final.
Dende o Club sinalan que é "un orgullo ter a estes xogadores e xogadoras que a pesar da súa curta idade son grandes tanto dentro como fora dos taboleiros e voltaron a deixar o nome do Club Xadrez Oroso no máis alto do podium, nesta ocasión no concello de Lugo".
Comments