Miles de persoas ateigaron O Acevedo o pasado sábado para celebrar o regreso da Festa Gastronómica do Cochiño. A festa, que conmemora a súa vixésimo terceira edición, superou con moito as previsións municipais de afluencia.
Instaláronse un total de 87 carpas particulares, 27 ao longo do río na zona do aquapark, 32 no xardín botánico e 30 ao longo do río na zona do xeriátrico.
O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, quixo subliñar a importancia de manter e impulsar esta festa como patrimonio histórico do municipio. Pechou a a xornada a verbena a cargo das orquestras Panorama e Los Satélites,
Comments