A semana pasada celebrouse no pavillón Castelao I (Ordes) o Campionato Galego Junior de Taekwondo, clasificatorio para o campionato de España Junior de Jaén (5 de marzo).
Os deportistas de Oroso Sara Soneira Balado e Pablo Figueira Marzoa conseguiron subirse ao máis alto do pódium, proclamándose campións galegos e afianzándose na primeira posición do ránking galego nas súas respectivas categorías. Este resultado asegura a súa participación no nacional representando a Galicia.
Dende o Concello de Oroso parabenizan aos gañadores.
Commentaires