Éxitos do xadrez de Oroso no torneo de Malpica
- Crónicas da comarca
- 11 oct 2021
- 1 Min. de lectura

O Club Xadrez Oroso informa de que neste pasado sábado tivo lugar o torneo de Xadrez Concello de Malpica, correspondente ó circuito da Deputación da Coruña 2021 e nel participaron 4 dos seus xogadores e xogadoras. Destacaron os xogadores máis novos, Zaira e Christian, ambos con tan só 7 anos. Zaira acadou o Campionato na categoría Sub-10. Christian acadou o Campionato na categoría Sub-8.
Tamén se rexistrou un gran traballo dos outros representantes do Club Xadrez Oroso, Enma e Jesús.




Comentarios