top of page

Éxitos dos xogadores do Club Xadrez Oroso



O Club Xadrez Oroso informa dos últimos éxitos acadados polos seus xogadores nos Campionatos Galegos de Xadrez desputados no hotel Scala de Padrón. Salientan que Martín Pena Varela rematou clasificado entre os dez primeiros xogadores dun total de 74 e no seu primeiro ano como xogador adulto no Campionato Galego Absoluto. Tan só perdeu dúas partidas das oito desputadas e contra dous mestres internacionais.


Pola súa banda, Zaira Campelo Mallo e Christian Noya Mellado fixeron un extraordinario traballo na súa primeira participación nun Torneo de Xadrez (Campionato Galego Sub-8) e xogando contra xogadores máis veteranos nesa categoría. Christian con tan só 7 anos quedou empatado co 9º clasificado Zaira con tan só 6 anos acadou o 3º posto no Campionato Galego feminino empatada a puntos coa Subcampioa Galega e a tan só medio punto da Campioa. Tamén acadou a súa praza para o Campionato de España representando a Galicia.


O Club Xadrez Oroso síntese moi orgulloso dos seus xogadores e segue traballando na promoción do xadrez en Oroso en no resto da comarca.

コメント


bottom of page