A Concellaría de Ensino do Concello de Oroso lembrou hoxe o prazo para a matriculación do alumnado nos centros educativos do miunicipio: CRA de Oroso, CEIPP Camiño Inglés, CEIPP Sigüeiro e IES de Oroso. A presentación de solicitudes de admisión de nova matrícula e traslado pecha o vindeiro día 20. A matrícula formalizarase posteriormente do 20 ao 30 de xuño (Infantil e Primaria) e do 25 de xuño ao 10 de xullo (ESO e Bacharelato).
Comments