top of page

15.000 persoas ateigan Sigüeiro na Festa da Troita



Cerca de 15.000 persoas achegáronse este domingo ata Sigüeiro para gozar das actividades do día grande da XXIV Festa da Troita de Oroso, entre as que destacaron na alameda de Góis a degustación popular de máis de 400 quilogramos de troitas fritidas e o pregón a cargo do presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela, ademais da actuación das charangas “Os atrevidos” e “Os celtas” e, xa no serán, o concerto de “Leilía” e a verbena coa orquestra “Costa Dorada”.

O pregoeiro referiuse ao esforzo de Oroso no mantemento do seu patrimonio fluvial, "dá gusto ver o que vin sobre como os coidades, coas súas áreas de recreo, os seus paseos, os seus refuxios. Felicidades por iso, sodes un exemplo. Hoxe, protexer o medio ambiente non é unha opción é unha obriga. Agora toca repensar os lugares onde vivimos, facéndoos máis amables, máis humanos e, polo tanto, tamén máis respectuosos co medio natural: se non coidamos os ríos, non hai troitas; se non hai troitas, non hai festa; e sen festa, Oroso haber, habería, pero sería menos Oroso”. “Se de verdade es troiteiro, o teu destino é Sigüeiro. Viva Oroso, Viva Sigüeiro e viva o peixe máis fermoso do mundo”, enfatizou o presidente da Fegamp.


Nunha breve intervención, o rexedor local, Luís Rey, asegurou sentirse “orgulloso da festa” e “contento de poder vernos sen máscara despois de dous anos difíciles” e agradeceu a a implicación das concellarías implicadas na organización e tamén dos efectivos de Protección Civil, Policía Local e o servizo de limpeza.



Comments


bottom of page