top of page

Aínda hai prazas libres para 'Coidados porta a porta' en Frades



O Concello de Frades informou hoxe de que aínda quedan prazas dispoñibles nos servizos de Podoloxía e Audooloxía do Programa Coidados Porta a Porta, que chega á Praza de Ponte Carreira entre o 3 e o 6 de outubro. Non quedan prazas para Estimulación da Memoria.


As persoas interesadas poden informarse ou solicitar cita previa no 622 748 283 ou no enderezo de correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.


O programa volverá a Frades, informa o Concello, a principios do ano 2023. Nesa ocasión será do 23 o 25 do mes de Xaneiro.

Comments


bottom of page