A área de Igualdade da Deputación da Coruña apoia os programas de actividades de asociacións que traballan pola igualdade cun orzamentos de 437.574 €. Máis de corenta entidades se benefician desta liña de axuda coa que se desenvolven fundamentalmente accións de conciliación, de loita contra a violencia machista e empoderamento das mulleres.
Con achegas que van ata máis de 27.000 €, a área de Igualdade da Deputación da Coruña apoia a actividade que realizan máis de corenta entidades que traballan pola igualdade das mulleres e contra a violencia machista. Nesta edición da liña de axudas convocada pola área que dirixe a deputada María Muíño,os programas presentados foron fundamentalmente os dirixidos a promover a conciliación da vida laboral e familiar, o empoderamento das mulleres e as distintas accións de prevención contra a violencia machista.
Ademais, dez programas dos que reciben subvención da Deputación, teñen como obxectivo accións destinadas ás mulleres do ámbito rural para promocionar a súa participación social, o fomento do emprego ou apoio a coidadoras.
“Para a área de Igualdade da Deputación da Coruña esta liña de axudas é un eixo central da nosa acción porque con ela estase apoiando programas de grande interese social, que chegan a moitas mulleres e contribúen a dar pasos adiante na igualdade e tamén na prevención e el
Comments