top of page

A Academia de Turismo da Mancomunidade formará empresas



A Academia de Turismo da Mancomunidade de Ordes vén de presentar un proxecto para formar a empresas e persoas emprendedoras da comarca no sector turístico. Poderán participar persoas que conten cunha empresa ou vaian pór en marcha un negocio relacionado co turismo. Estas persoas formarán parte dos proxectos mentorizados. Ademais, calquera persoa ou empresa que o desexe pode asistir a clases maxistrais.


Serán un total de 12 as accións formativas, a cargo de persoal experimentado. Entre estas atópanse a xestión de empresas turísticas, as posibilidades de financiamento, a comercialización online, o plan de viabilidade e envases takeaway.




Comentários


bottom of page