top of page

A Banda de Ordes organiza a XXII Xuntanza de Bandas o sábado 7 de Agosto



O vindeiro 7 de agosto, sábado, a partir das 20h terá lugar a XXII Xuntanza de Bandas de Música que organiza a Asociación Cultural "Amigos da Música" de Ordes en colaboración co Concello de Ordes. Un ano máis a Alameda de Ordes acollerá a xuntanza de dúas bandas, a Banda Isabel II de Touro e a Banda de Música de Ordes. As dúas bandas ofrecerán cadanseu concerto composto por pezas de todos os estilos: pasodobres, obras, bailables e muiñeiras que encherán de notas a Alameda de Ordes para dar cabida pouco a pouco e con responsabilidade a esta nova situación que nos toca vivir a todos.

Ademais este ano a Banda de Ordes celebra o 30 aniversario do seu primeiro concerto, así mesmo anuncia a publicación do seu repertorio de balde nas plataformas dixitais (Spotify, Tidal, Apple Music ou Amazon Music) co que busca por unha parte a dixitalización da súa música e a capacidade de chegar a máis público.

A organización xunto co Concello aplicará todas as medidas de seguridade que establecen as autoridades sanitarias para este tipo de actos culturais. O evento contará con aforo limitado polo que se recomenda a reserva do sitio chamando ao Concello de Ordes ou no enderezo ordescultura@gmail.com. Os asistentes deberán usar obrigatoriamente a máscara e antes de acceder ao recinto e deberán aplicar o hidroxel que terán a súa disposición.

O programa completo dos concertos así como a información das bandas estará dispoñible a partir do 1 de agosto nestte enderezo.

コメント


bottom of page