top of page

A biblioteca municipal de Ordes abrirá 24h cun código de acceso para usuarios



A biblioteca municipal de Ordes puxo en marcha o novo servizo 24 horas. Mediante este servizo, poderase entrar no recinto fóra do horario lectivo introducindo un código na pechadura electrónica da porta. Para obter este código, os usuarios deben darse de alta no whatsapp municipal e pedilo enviando a mensaxe CÓDIGO BMP. A biblioteca conta con cámaras de vixilancia activas as 24 horas.


Modo de acceso

As instrucións de acceso ao recinto sinalan que se debe pulsar a pechadura electrónica ata que apareza un teclado alfanumérico. Neste teclado débese introducir o código e despois pulsar na tecla # do teclado.

留言


bottom of page