top of page

A campaña das primarias do PSdG chega a Cerceda


O candidato á Secretaría Xeral do PSdG-PSOE e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reuniuse onte con militancia socialista de Cerceda na campaña electoral interna da súa formación política. González Formoso agradeceu á asistencia que se achegasen para "compartir o noso proxecto de futuro para o PSdeG" e felicitouse de ver "moitas caras coñecidas e cheas de ilusión por dar ao partido o impulso que precisa".

"Esta campaña vai de ideas e propostas en positivo, sen confrontacións persoais", engadiu o candidato, para quen "non hai que ter medo das primarias" xa que son "unha ferramenta democrática que dá voz á militancia".


Reunido coa militancia, o presidente do ente provincial apostou por "un PSdeG forte e unido, que estea ao carón da xente e, como xa fixo noutra época, volva a ter criterio sobre asuntos de país".

Comments


bottom of page