top of page

A Casa Grande de Xanceda lanza un xeado ecolóxico e solidario para cans

A Casa Grande de Xanceda, a veterana granxa ecolóxica de Mesía, lanza Canhelado, unha campaña solidaria para apoiar ás protectoras de animais e loitar contra o abandono. Canhelado é un xeado ecolóxico para cans elaborado con iogur e leite de Casa Grande de Xanceda. Non leva lactosa e está avalado por nutricionistas caninos. As vendas deste produto de edición limitada doaranse integramente á protectora Aloia, en Tui e á asociación Bichosraros.org.


Dentro desta acción, a firma xa está a planificar para agosto un DogDay: unha visita especial á granxa onde as persoas con cans poderán coñecer a granxa canda as súas mascotas.




Comentarios


bottom of page