A comarca de Ordes celebra o Samaín
- Crónicas da comarca
- 31 oct 2022
- 1 Min. de lectura
Foron varias as actividades programadas ao longo da comarca para celebrar o Samaín, a recuperada tradición da véspera de Defuntos en Galicia. Dentro do Outono Cultural de Oroso, o Concello organizou un acto de entrega de cabazas decoradas que foi todo un éxito. Pola súa banda, a Alameda de Góis acolleu dende as 19h do luns 31 unha festa de Samaín.

En Mesía, a rapazada dos coles de Mesía tamén viviu o Samaín. Desfrutaron da actuación de Leo Leíño, dúas magas moi xeitosas, primeiro no CPI de Xanceda e logo na unitaria de Visantoña, onde se achegaron tamén os nenos e nenas da unitaria de Olas. No punto de atención á infancia tamén houbo celebración.





Comentarios