top of page

A comarca de Ordes, en verde no mapa epidemiolóxico por concellos



Todos os concellos da comarca de Ordes se atopan en nivel 1 de alerta pola súa situación epidemiolóxica, isto é, verde. Isto significa que en ningún deles se detecta un incremento de máis de 7 casos novos á semana.

Gobernos coma o de Oroso consideran a situación epidemiolóxica é boa, pero fan un chamamento á responsabilidade. "É fundamental respectar todas as recomendacións sanitarias para manter esta situación", engaden.

Na provincia, é Ames quen leva a peor parte, debido ao gromo do Milladoiro. Detectou, esta semana, máis de 21 casos novos. A Laracha, Arteixo, Cambre e Sada están en nivel amarelo, ao igual que Boiro, Rianxo e Fisterra (ata 13 casos novos á semana). Culleredo, Teo, Narón e Ribeira están en nivel laranxa de menos de 50.000 habitantes (entre 14 e 20 casos novos á semana). A Coruña e Santiago, en nivel laranxa para máis de 50.000 habitantes (entre 56 e 111 casos novos á semana por 100.000 habitantes).

Commentaires


bottom of page