top of page

A Deputación concede medio millón a 81 a entidades deportivas para infraestruturas e equipamento



A Deputación da Coruña ven de conceder un total de 81 axudas a diferentes entidades deportivas sen ánimo de lucro da provincia para financiar gastos en infraestruturas e equipamentos durante o ano 2023.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou hoxe, xoves 31 de agosto, a concesión das axudas nas que a institución provincial investirá 563.779,88 euros, oscilando entre un mínimo de 1.000 euros e un máximo de 40.000 euros.

As axudas permitirán financiar construcións (edificios e outros inmobles de uso deportivo), material inventariable como son colchonetas, pesas, balóns, porterías, canastras, tatamis ou similares. Os petos electrónicos e traxes de neopreno, son algúns exemplos das axudas para equipación.

Por outra banda, é de destacar o incremento de solicitudes para a compra de vehículos, remolques e embarcacións, así como equipos electrónicos para a mellora da práctica ou rendemento deportivo.

A resolución provisional da convocatoria pode consultarse en:

Comments


bottom of page