top of page

A Deputación destina 81.000 € para mellorar o acceso ao núcleo de Piñeiro, no Concello de Tordoia





O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro Liñares, asinaron este venres un convenio de colaboración para cofinanciar as obras de mellora da estrada que da acceso ao núcleo de Piñeiro, na parroquia de Vila do Abade do municipio tordoiés. No acto participou tamén o deputado Antonio Leira.


O orzamento total desta actuación ascende a 102.074 euros, dos que a entidade provincial aporta 81.659 euros, que supón o 80% do financiamento.


O proxecto consiste na mellora da capa de rodaxe en diversos treitos do núcleo de Piñeiro, na parroquia de Vila do Abade. A mellora do firme realizarase a través do estendido dunha capa de mestura betuminosa de 3 cm de espesor, previo bacheo con grava e rega semiprofunda. A execución tamén contempla a limpeza e reapertura de gabias en todos os treitos e a sinalización horizontal e vertical necesaria.


Coa realización desta obra, dotarase ao núcleo de Piñeiro dunha infraestrutura de carácter básico renovada, mellorando a circulación viaria tanto para vehículos como para peóns.


Comments


bottom of page