O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e a alcaldesa en funcións, Ana María Soneira Liñares, xunto co deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira, asinaron o convenio de colaboración entre ambas entidades polo que a Deputación aportará 80.000, o 69% do orzamento total da obra, que ascende a 115.000 euros.
A actuación centrarase na realización dun novo pavimento para a citada rúa, nunha lonxitude de 200 metros por unha anchura media de 8 metros. O que se quere conseguir con esta obra é ter ao mesmo nivel as beirarrúas, os carrís de circulación de vehículos e os aparcadoiros.
Por outra banda, o proxecto contempla a extensión de 25 metros da rede e pluviais existente e a execución de novas arquetas sumidoiro, a instalación de 380 metros de tubaxe para a rede de abastecemento, e, por último, a instalación da sinalización horizontal e vertical necesaria.
コメント