top of page

A Deputación leva o Camiño Inglés a Londres



A Deputación da Coruña está presente na feira turística internacional ‘World Travel Market’ que se celebra en Londres do 1 ao 3 de novembro e na que a institución provincial promociona o Camiño Inglés e o Camiño Fisterra Muxía. O obxectivo desta presenza, materializada nun stand propio integrado no espazo de Turespaña, é o de potenciar o mercado emisor británico, principal consumidor do Camiño Inglés, un produto turístico no que a Deputación da Coruña leva traballando durante os últimos anos.


Ata Londres desprazáronse o deputado provincial e concelleiro en Oroso Antonio Leira e o deputado provincial José Manuel Pequeño, que recibiron á ministra de Comercio e Turismo, Reyes Maroto, á que lle explicaron con detalle a promoción que se está a facer de todos os camiños de Santiago que pasan pola provincia da Coruña.


Ademais, asistiron a unha recepción na Confraternity of Saint James, unha asociación que realizou un gran traballo no Camiño Inglés e que xa foi un dos membros participantes no recente Fam Trip que organizou a Deputación da Coruña para os prescritores do Camiño no Reino Unido e Irlanda.


Viaxe a Reading

Antonio Leira e José Manuel Pequeño desprazaranse mañá ata Reading, cidade coa que se está a traballar na promoción e sinalización do Camiño Inglés. Alí, serán serán recibidos polas autoridades locais, universidades e asociacións da contorna e, ademais, levarán a cabo a instalación de sinalización do Camiño Inglés na localidade.

Comments


bottom of page