A Expo GóisOroso Arte pódese visitar ata o 30 de setembro no Centro Médico
- Crónicas da comarca
- 13 sept 2022
- 1 Min. de lectura

O Centro de Saúde de Sigüeiro ata o vindeiro día 30 de setembro a exposición das 70 obras artísticas seleccionadas na nova edición do certame “GóisOrosoArte”, impulsado polo Concello de Oroso e Cámara Municipal de Góis (Portugal) para formentar a creatividade artística.
A mostra, que xa se exhibiu na localidade portuguesa durante o pasado mes de xullo, inaugurouse na tarde onte en Sigüeiro nun acto que contou coa presenza do rexedor local, Luis Rey, e o seu homólogo de Góis, António Rui de Sousa Godinho Sampaio, ademais doutros membros da Corporación Municipal, algúns artistas participantes e unha nutrida presenza de veciños.
Na súa intervención, o rexedor local destacou a “boa saúde” desta iniciativa cultural, que cualificou como “o mellor froito do irmandamento do Concello de Oroso coa localidade portuguesa de Góis”, e comprometeu a implicación do goberno orosano para “seguir a potencialo nas vindeiras edicións”.
Comments