top of page

A Gandería Señarís Rosende SC da Viladabade, Ouro nos Premios Exceleite


O pasado mércores celebrouse a VI edición dos Premios Exceleite nos que a Xunta premia a excelencia hixiénico-sanitaria das explotacións leiteiras de leite cru de vaca. A Ganadería Señarís Rosende SC da Viladabade acadou o premio Ouro á gandaría intensiva grande.


Outros nominados de Tordoia foron a Ganadería Couselo Castro de Gorgullos en gandaría semiextensiva mediana, a Ganadería GASU da Viladabade en gandaría semiextensiva grande e Ganadería Landeira Castro de Gorgullos en gandaría intensiva grande.


O Concello parabenizou a todas as explotacións nominadas.

Comentários


bottom of page