A Garda Civil desaloxa unha parella sen certificado covid que se negaba a saír dun bar
- Crónicas da comarca
- 26 ene 2022
- 1 Min. de lectura

O bar Casa Zapateiro, na parroquia de Lanzá en Mesía, foi escenario dunha forte discusión entre dúas persoas sen certificado covid que se resistían a abandoar o local e o persoal do establecemento.
Segundo informou La Voz de Galicia, a parella esixiu unha folla de reclamacións e ver a documentación da camareira do bar. O dono insistiu en cumprir a normativa vixente, e en darlles as follas de reclamacións unha vez estivesen fóra do local, pero as dúas persoas negáronse. Finalmente, a Garda Civil tivo que intervir desaloxándoas do bar.
Segundo informa o citado xornal, a propia parella ameazara con chamar a Garda Civil ante o que consideraban unha violación dos seus dereitos. Porén, visto que se negaban se quera a deixar pasar ao resto de clientes pola porta, ocupando ese espazo, foi o propio dono quen os chamou, resolvendo así finalmente o conflito.
コメント