top of page

A Oficina Agraria Móbil, na feira de Abellá o 3 de xuño



Este venres, 3 de xuño, a Oficina Agraria Móbil da Xunta de Galicia estará situada no aparcadoiro do campo de fútbol durante a celebración da feira de Abellá. Esta oficina é un servizo pioneiro de cercanías para facilitar a xestión de trámites no rural e contará con persoal para prestar os servizos tanto administrativos como técnicos e de veterinaria.

Nela poderanse facer as xestións que se desenvolven habitualmente na oficina de extensión agraria comarcal, incluíndo trámites como os da PAC, xestión de axudas ou o acceso a cursos.

Comments


bottom of page