A ordense Lara López anota varios éxitos no Campionato español de Salvamento e Socorrismo
- Crónicas da comarca
- 28 sept 2021
- 1 Min. de lectura

Esta pasada fin de semana (24, 25 e 26 de setembro) disputouse en Castelló o Campionato de España de Comunidades Autónomas de Salvamento e Socorrismo, no que a ordense Lara López Fernández participou como integrante da Selección Galega Absoluta, salientan dende o Concello.
A selección acadou o bronce na categoría Absoluta Feminina, cunha cuarta posición na Xeral. Pola súa banda, Lara López foi ouro en 4x50 m Relevo combinado feminino, acadando un récord en España.Foi prata en bandeiras e relevo de sprint, e bronce en sprint. Por outra banda, quedou quinta en relevo de tríade e na mesma posición en relevo de salvamento con tubo de rescate. Tivo unha sétima posición en 100 metros remolque de manequín con aletas e foi a décimo cuarta na carreira con esquí de salvamento.
O Concello de Ordes manifestou o seu orgullo por este resultado.
Comments