A deportista Valeria Batire Guridi Dieguez acadou a medalla de bronce nos Campionatos do Mundo de Canicross de Plédran (Francia). A moza, veciña de Oroso, participou nesta cita deportiva acompañada dun braco alemán chamado Matoke. Xuntos mediron forzas cos mellores do mundo nesta disciplina. Logo de dous duros días de competición nun circuíto difícil e arriscado, conseguiron unha terceira posición que os coloca no pódium mundial. Ademais, a Federación Española de Deportes de Inverno comunicou a inclusión da deportista no equipo de mushing da vindeira tempada.
top of page
bottom of page
Comments