top of page

A raíña Letizia abre o curso escolar en Oroso

Actualizado: 13 sept 2023



A raíña Letizia presidiu onte a apertura do curso escolar no CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés, en Sigüeiro. Alá foi recibida polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o do Parlamento, Miguel Santalices; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e mais o alcalde do concello, Alexander Doval. A raíña visitou en primeiro lugar as aulas de Primaria, seguindo polas de Infantil e a horta do colexio. Despois mantivo unha xuntanza coa comunidade educativa.O centro escollido para esta visita foi destacado co premio Innovagal, á innovación educativa, polo seu novedoso enfoque didáctico.


O rexedor de Oroso sinalou que “é unha gran honra e orgullo para o noso concello que a súa Maxestade a raíña Letizia elixa para dar lugar ao inicio do curso escolar en España o CEIP Camiño Inglés de Sigüeiro”. Alex Doval engadiu que “este é un recoñecemento non só para o centro escollido para a inauguración senón para todos os centros educativos do concello”.


Comentários


bottom of page