Máis de 200 ciclistas participaron na primeira edición da Ruta BTT dos Encoros, unha actividade deportiva organizada pola área de Deportes da Deputación da Coruña cun percorrido de 62 quilómetros a través dos concellos de Cerceda, Ordes, Carral e Abegondo.
O deputado provincial da área de Deportes, Antonio Leira, xunto aos alcaldes de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, e o de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, foi o encargado de dar a saída a esta proba de 62 km.
Comments