Mentres prosegue a invasión rusa na Ucraína, diversos concellos galegos atenderon á convocatoria da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e levaron a cabo un acto en solidariedade co pobo ucraíno consistente nunha concentración silenciosa de cinco minutos fronte ás portas do Concello. Foi o caso de municipios coma Ordes, Oroso, Cerceda ou Frades.
Ademais, concellos como Tordoia estableceron puntos de recollida de material solidario,e concellos coma Frades lembran aos seus veciños que se desexan ceder un piso ou casa para acoller a persoas desprazadas de Ucraína contacten cos servizos sociais municipais para recibir información sobre como acceder ao rexistro que xestiona a FEGAMP.
Comments