As obras do tramo que transcurre polo Concello de Oroso da Vía Verde que unirá Santiago de Compostela con Cerceda pola antiga vía do ferrocarril avanzan a moi bo ritmo. A vía vai tomando forma e xa é posible ver algunas das súas características: un camiño para desfrutar da natureza, andar, facer deporte e relaxarse nunha contorna natural idónea. Aínda falta engadir a zahorra nalgúns tramos, o carril-bici e outros elementos, pero os veciños e visitantes pronto poderán ver esta parte da vía finalizada.
A actuación neste primeiro tramo, cun orzamento de case 800.000 euros, suporá “un importante impulso económico, medioambiental e deportivo para o concello”, asegura o alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde.
A primeira Vía Verde da provincia da Coruña terá unha lonxitude de 36,5 quilómetros. Para completar o proxecto, o Concello de Oroso fará un carril-bici que conectará o casco urbano de Sigüeiro coa vía.
Comments