top of page

A VIII Carreira Pedestre de Oroso celebrarase o 18 de xuño



O Concello de Oroso anunciou que a VIII Carreira Pedestre terá lugar o vindeiro 18 de xuño. A saída e a chegada efectuaranse dende a rúa Camiño Inglés a carón da casa do Concello. O circuíto correspondente a cada unha das 8 categorías estará debidamente sinalizado. A proba forma parte do VII Circuíto de Carreiras en ruta da Deputación Provincial da Coruña.


Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo, Delegación de Santiago de Compostela.


As inscricións permanecen abertas ata o mércores 15 de xuño ás 23:59 horas por internet.

Os dorsais poderanse recoller nas oficinas do Centro Deportivo Municipal o venres 17 de xuño de 16:00 a 22:00 horas (opción recomendable especialmente para participantes locais). O día da proba os dorsais recolleranse no Centro Cívico situado a carón da saída da proba.


Recibirán trofeos os 3 primeiros clasificados de cada categoría establecida no regulamento, masculino e feminino e tamén os tres primeiros absolutos masculino e feminino. Nas categorías Sub 6 e Sub 8 recibirán medallas todos os participantes pero non haberá trofeos, xa que estas categorías non serán competitivas.

Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor poderá recibir dous trofeos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira.

Comments


bottom of page