
O domingo Oroso viviu un gran día para o deporte coa celebración da VIII Carreira Pedestre, organizada polo Concello de Oroso en colaboración con Club Atletismo Tambre.
A corredora do Club Atletismo Sar Rocío Alvite foi a gañadora desta edición na categoría feminina, mentres que o portugués Víctor Puyuelo, do Club Atlético Oroel, venceu na categoría masculina.
Tamén destaca o gran papel realizado polas corredoras e corredores do Club Atletismo Tambre, que lograron un total de 14 trofeos polos postos de podium conseguidos nas respectivas categorías.
Ademais, como novidade, este ano premiouse tamén aos mellores corredores locais, que foron Chus García, Mercedes Fernández e Raquel Abal en categoría feminina, e David Senra, Rubén Carballo e Jesús Barral na masculina.
En canto á clasificación por clubes, o resultado foi ouro para o Club Atlético Sar, prata para o Club Atletismo Tambre e bronce para a SD Compostela Atletismo.
Comments