A Xunta aproba unha concentración parcelaria en Tordoia
- Crónicas da comarca
- 12 ene 2023
- 1 Min. de lectura

O Consello da Xunta aprobou hoxe nove concentracións parcelarias, unha das cales terá lugar en Tordoia. O resto delas serán en Touro, Boqueixón, Padrón, Santa Comba, Melide e Cospeito. En total reorganizaranse máis de 8.900 hectáreas de terreo en mans de 5.600 propietarios. No caso de Tordoia, a concentración será na parroquia de Castenda.
As concentracións parcelarias procuran paliar o minifundismo presente no país en canto á estrutura da propiedade. A Xunta destina en 2023 17 millóns para financiar estes procesos. Aposta por seguir a impulsalos coa Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.
留言