top of page

A Xunta concede 40.000 € a ACORDE para dinamización comercial


O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, mantivo esta mañá un encontro cos representantes da asociación Asetem (Asociación Empresarios Terra de Melide),unha das entidaes beneficiadas.

A Xunta de Galicia vén de conceder un cuarto de millón de euros a oito asociacións e federacións de comerciantes da área compostelá para impulsar a competitividade do sector. A Asociación Comercial e de Empresarios de Ordes-ACORDE recibirá 40.000 € desta cantidade, destinada a proxectos que inclúan iniciativas de dinamización comercial, sistemas de fidelización, sinalización externa ou mellora da competitividade comercial, entre outros. O resto das axudas van para entidades de Santiago, Padrón, Arzúa e Melide.


Outras das actuacións apoiadas son a creación de sinerxías e oportunidades dixitais a través do asociacionismo, con axudas para a posta en marcha de solucións dixitais para a venda e promoción de produtos dos comercios asociados e mellora e modernización da imaxe do centro comercial aberto, a implantación e mellora do portal web do CCA ou márketing dixital. O volume de axudas varía en función do número de comercios asociados e a poboación da localidade na que estean situados.


O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, mantivo esta mañá un encontro cos representantes da asociación Asetem (Asociación Empresarios Terra de Melide), unha das beneficiadas polas ordes de axudas dirixidas a asociacións de comerciantes, centros comerciais abertos (CCA) e federacións para a revitalización do comercio de proximidade.


Como novidade, tanto os centros comerciais abertos como as asociacións de praceiros puideron optar a apoios para a posta en marcha de market places ou outras iniciativas dixitais para a venda e promoción de produtos dos comercios asociados. Tamén para o desenvolvemento de sistemas centralizados de envío e entrega a domicilio, e a contratación de servizos externos para a xestión de contidos nas redes sociais.


Comentários


bottom of page