top of page

A Xunta cubrirá o 70% das melloras de dúas rúas en Ordes



A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o alcalde asinaron o acordo de colaboración polo cal a Consellería achegará case 320.000 euros, un 70% do orzamento total, para a execución das melloras de accesibilidade de dúas rúas do concello de Ordes: Mediodía e Víctor González Faya.


A conselleira, Ángeles Vázquez, e o rexedor, José Luís Martínez Sanjurjo, asinaron un acordo de colaboración que recolle que a Xunta licitará as obras, unha vez que se conte co proxecto redactado polo Concello, que tamén asumirá o mantemento e conservación unha vez recepcionadas as actuacións.


Ángeles Vázquez indicoulle que este tipo de iniciativas son prioritarias para o Goberno galego, que aposta por apoiar e financiar proxectos cos que se melloren os espazos das vilas galegas e, sobre todo, aqueles que melloran a funcionalidade e dan prioridade de uso aos veciños.

تعليقات


bottom of page