A Xunta financiará melloras nos polígonos industriais de Ordes e Oroso
- Crónicas da comarca
- 21 jun 2022
- 1 Min. de lectura

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, anunciou onte investimentos nos polígonos industriais de Ordes e Oroso, ademais de Melide, Negreira, Santa Comba, Val do Dubra e Boqueixón. Trenor fixo estas declaracións precisamente visitando o polígono deste último municipio en compañía do alcalde, Manuel Fernández.
Con esta liña de apoios, a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación pretende solventar determinadas carencias de infraestruturas, así como novas necesidades en materia de comunicacións ou de servizos que presenta o solo empresarial galego co obxectivo de acondicionar e modernizar os parques. As axudas son dun máximo de 120.000 euros por proxecto e poden recibir anticipos do 25% da axuda concedida.
コメント