top of page

A Xunta financiará pistas multideportes en centros educativos de Ordes



A Xunta financiará pistas multideportes en centros educativos de Ordes, que xunto a intervencións semellantes en Santa Comba sumarán máis de 127.000€. En total financiaranse nove pistas multideporte en colexios e institutos en toda a provincia. Unha iniciativa novidosa que se pón en marcha por primeira vez este ano e que suporá un investimento na Coruña de máis de 500.000 euros


O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, informou que esta proposta se elevou hoxe ao Consello da Xunta por parte da pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, e destacou que esta iniciativa se desenvolve ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica para os centros educativos e que responden ao obxectivo común de avanzar cara un modelo de infraestruturas educativas máis innovadoras, sostibles e confortables.



Comentários


bottom of page