top of page

A Xunta investirá nos equipamentos culturais de Ordes


A Xunta de Galicia vai destinar 70.000 euros en equipamentos culturais dos concellos de Ordes, O Pino, Padrón, Santa Comba, Teo, Touro e Val do Dubra. Na provincia beneficiáronse desta orde de axudas 13 concellos cun investimento total de máis de 149.000 euros.


O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, explicou que a intención desta orde de subvencións da Consellería de Cultura, Educación e Universidade é dotar dos medios necesarios ás entidades locais comprometidas coa acción cultural para que poidan executar as súas programacións, así como contar coas oportunas infraestruturas que lles permitan a adecuada realización das actividades culturais, garantindo o servizo público que prestan á cidadanía tanto nos eidos rurais como urbanos.


A axuda máxima por entidade local beneficiaria é de 30.000 euros e non pode exceder do 90% do orzamento total do proxecto subvencionable. Este importe ascende a 35.000 euros cando se trate de solicitudes realizadas por agrupacións de concellos. Foron obxecto de subvención as actuacións relativas ao equipamento e moblaxe de locais, a realización de obras de reforma, ampliación, modernización ou mellora de inmobles, así como a adquisición de materiais técnicos vinculados ao desenvolvemento das accións culturais


Os concellos beneficiarios teñen que ser titulares dos locais culturais para os que se solicitan as axudas e contar cunha programación cultural estable ao longo do ano. Trenor visitou hoxe a biblioteca municipal do Concello do Pino.








Commentaires


bottom of page