A Xunta mellorará dúas paradas de bus en Ordes e Mesía
- Crónicas da comarca
- 30 dic 2022
- 1 Min. de lectura

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, informou que o Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se somete a información pública o proxecto de mellora de 64 paradas de autobús en 10 concellos das contornas da Coruña e de Santiago que suporán un investimento de 2,4 millóns de euros. Na comarca de Ordes, esta actuación da Xunta intervirá sobre dúas paradas: unha situada en Ordes e outra en Mesía.
Segundo explicou Gonzalo Trenor, as intervencións previstas suporán o acondicionamento dos carrís para a parada do autobús, a mellora da accesibilidade e a pavimentación da contorna coa execución de sendas ou beirarrúas. Tamén se prevé a instalación de novas marquesiñas, ademais de actuacións complementarias de drenaxe, condución de servizos ou colocación de varandas para protexer aos usuarios aí onde poida haber desniveis.
Comments