
O conselleiro do Medio Rural, José González, fixo hoxe un chamamento público a todas as administracións implicadas na prevención e defensa fronte aos incendios forestais para que "se sumen á colaboración institucional coa Xunta nesta materia, clave para a seguridade das persoas e dos bens". González sinalou a normativa reguladora das Bases de Réxime Local contempla, entre as competencias das deputacións, a prevención e extinción de incendios naqueles concellos de menos de 20.000 habitantes. Deste xeito, o conselleiro chamou ás catro deputacións galegas a incorporarse á cooperación interadministrativa en materia de lumes forestais, agradecendo a colaboración da de Ourense, con José Manuel Baltar (PP) á fronte.
コメント