A Xunta prohibe desde hoxe queimas agrícolas e forestais
- Crónicas da comarca
- 5 abr 2022
- 1 Min. de lectura

A Xunta de Galicia tomou a decisión de prohibir novamente, como xa fixera a comezos do presente ano, as queimas agrícolas e forestais de particulares en toda Galicia debido ás condicións meteorolóxicas. Desde este mesmo momento non se concederán máis permisos e aqueles xa concedidos suspéndense inmediatamente.
A decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume. A normativa prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control.
Por outra banda, a Consellería do Medio Rural pide colaboración cidadá. Reclaman desde a Xunta que se extremen as precaucións e se denuncie calquera actividade delictuosa neste sentido. En caso de detectarse lumes forestais, débese chamar ao 085.
Comments