top of page

A Xunta volve permitir as queimas agrícolas e forestais



A Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia volve permitir dende o día de onte a tramitación de permisos para queimas de restos agrícolas e forestais amoreados de acordo coa normativa de aplicación, unha vez comprobado que as actuais condicións meteorolóxicas así o permiten. Mañá, venres 22, será o primeiro día para realizar queimas previamente comunicadas.

Estas tarefas permanecían suspendidas ata o de agora debido á variabilidade das previsións meteorolóxicas. As novas comunicacións e solicitudes poden facerse a través da web do Medio Rural. En días laborables, tamén estará a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas.

Así, os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización debido ao risco da actuación, sendo maior o proceso de tramitación. En todo caso, as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.

Comments


bottom of page