top of page

Aberto o prazo de inscrición nas actividades deportivas e culturais en Trazo



O Concello de Trazo informou hoxe de que xa está aberto o prazo de inscrición para as actividades culturais e deportivas. Este ano, o Local Social de Benza acollerá Ximnasia de Maiores, Ioga, Zumba e Baile en Liña. Pola súa banda, na Casa Amarela (Viaño Pequeno) haberá ademais de todo o anterior Pilates e Pandeireta.


O custo do curso é de 60€ ano para menores de 60 anos e 35 para maiores desa idade ou persoas con discapacidade. A inscrición pode facerse antes do 11 de outubro nos Servizos Sociais municipais. Terán prioridade as persoas empadroadas no termo municipal. Pódese pedir máis información chamando ao 981 68 90 01.



Comentarios


bottom of page