Está aberto o prazo de inscrición para participar no "Obradoiro de Emprego de Garantía Xuvenil Mancomunidade de Ordes". Este obradoiro é promovido pola Mancomunidade de Ordes e nel colaboran os concellos da Comarca de Ordes, como é o caso do de Mesía, que hoxe lembrou esta convocatoria.
Será un obradoiro cun contrato de formación e aprendizaxe durante meses e no que se impartirán as especialidades de fábricas de albanelería (nivel 1) e traballos de carpintería e mobles (nivel 2).
O obradoiro diríxese a persoas entre 18 e 30 anos, que estean inscritas e en situación de beneficiarias no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Deben poder subscribir un contrato de formación durante todo o período do obradoiro.
Todas aquelas persoas interesadas teñen que darse de alta no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no caso de non estar xa, e ir, o máis axiña posible, á Oficina de Emprego de Ordes e comunicar que están interesadas en participar no obradoiro.
As persoas interesadas tamén poden optar coma persoal directivo, docente e de apoio. Nese caso precisan estar inscritos como demandantes de emprego na Oficina de Emprego, carecendo de ocupación remunerada e estar dispoñible para o emprego.
Para máis información poden chamar ao Servizo de Emprego da Mancomunidade de Ordes (telf. 981680679) ou na propia Oficina de Emprego de Ordes.
Comments